QUEN SOMOS

AteneoPanoramica

A deconstrución dunha máquina que se desfai mentres as súas pezas buscan unha nova realidade ou posición, sen rumbo pero coa intuición de camiñar cara un lugar que desexamos mellor para todos e todas”

biciCon esta intención nace en Compostela “O Ateneo 30”, un café-bar cultural coa vontade de converterse nun punto de encontro aberto a iniciativas de persoas e colectivos que precisen dun espazo, para poder desenrolar e compartir as súas inquedanzas e sobre todo enriquecerse de propostas e alternativas.

“O Ateneo Sociedade Cooperativa Galega” é a entidade que xestiona O Ateneo 30, está formada por un grupo de amigos que coincidindo en espazo e tempo deciden comezar esta aventura para participar e ser parte do rico tecido cultural compostelán. Escollemos o modelo de cooperativa de traballo asociado porque considerámolo como unha forma xusta de unión de traballadores, onde o futuro da entidade é rexido polas persoas que a fan posible.

nomes